A paz que se sinte
na beira do río,
é a fortaleza
que busco acotío.
O son da auga,
que corre paseniño,
aclárame a mente
e dáme un respiro.
O vento que zoa
move as ramas con ritmo,
e na cima da árbore
canta un paxariño.
O concerto segue,
súmaselle un grilo,
esta música
hai que escoitala en vivo.
As bolboretas acompáñanme
ao carón do río,
obsérvoas voar
e sácanme un sorriso.
Ao lonxe vexo
pasar un cabaliño,
do demo non é
está bendicido.
Cando o corazón
teñas aflixido,
ven sentar comigo,
á beira do río.
E se con iso
non sentes alivio,
a auga espera
mergullémonos espidos.
