O camiño

Cando a luz se apague,

asegúrate de levar o candil,

que che alume o camiño

en terra hostil.

Cando o camiño sexa complexo,

non esquezas de coller o bastón,

axudarache a manter o equilibrio

e a continuar con tesón.

Cando a andaina sexa longa,

que te acompañe o compás,

guiarate,

e nunca te perderás.

Cando o ruído te asoballe,

escoita unha canción,

volverás a ti

e escoitarás ao teu corazón.

Sé candil.

Sé bastón.

Sé compás.

Sé canción.

Sempre te encontrarás.

Deixar un comentario