Hoxe está un día precioso, gris e chuvioso. Deses, nos que impera o silencio e nos que a xente se refuxia no lar.
Imaxino, que á maioría das persoas os días grises e chuviosos, non lles parecen preciosos. Eses días soen estar reservados, para os días soleados e calorosos.
Días con ducias de chamadas e numerosas actividades para facer. Deses, nos que o impero o trafego, todo ten apuro e o barullo é constante.
Mais para min, hoxe si é un día precioso. Un día, no que non hai plans. Un día para min. Para estar comigo mesma.
Un día deses nos que un se pode parar a facer pequenas cousas con toda a calma do mundo, escoitando o vento zoar e a choiva caer. Cousas que deixamos de lado; comezar un libro, escribir, poñer en orden, realizar ese proxecto que leva tempo pendente, …
Un día deses para gozar da calma e o silencio que parecen estar prohibidos, e diría, que incluso están mal vistos.
Por iso adoro os días grises, son reparadores. Permiten atopar a paz, pero … tamén permiten afondar nas sombras.
En ocasións observo a escuridade. Dentro desa escuridade vexo sombras máis escuras. Semellan unha fermosa paisaxe nocturna. A veces son quen de acender un candil e a paisaxe vaise iluminando. Cada vez é máis fermosa.
A miúdo pregúntome, por qué a algunhas persoas non lles gusta pasar algún tempo a solas. Acaso, ¿non lles gusta a calma?, ou, ¿as sombras serán tan escuras que lles da medo asomarse a ollalas?.
