Perderíame contigo

Perderíame contigo

no silencio

da montaña,

o único murmurio

serían as nosas pisadas.

Perderíame contigo

unha noite iluminada,

a lúa acompañaríanos,

as estrelas,

a nosa manta.

Perderíame contigo

baixo unha treboada,

buscariamos refuxio

ao carón da lareira,

dunha cabana illada.

Perderíame contigo

en cada nevarada,

a friaxe

ao teu lado

semella moito máis cálida.

Perderíame contigo,

perdinme na túa mirada,

nos teus ollos verdes

que son coma a herba mollada.

Perderíame contigo,

perdinme no teu dorso,

e nas túas cicatrices

que son obras de arte tatuadas.

Perderíame contigo,

perdinme na túa compaña,

no tacto da túa pel

e nas túas mans alargadas.

Deixar un comentario