Meniña,
quérote avisar,
que cando vaias a Nemiña
vaste namorar.
Da súa paisaxe,
feiticeira.
Da súa beleza,
pura.
Do seu son,
bravo.
Dos silencios
rotos polo mar.
Meniña,
non vaias a Nemiña,
porque has de querer tornar.
Para que te abrace o vento,
que non deixa de zoar.
Para que te biquen as olas,
cunha paixón colosal.
Para que te envolva a vida
e te volvas escoitar.
Meniña,
agora que descubriches Nemiña
volta ao teu fogar,
e garda no teu peito
a paz que a terra che da.
