Sente

Corre

tras o vento,

persígueo

ata quedar sen alento.

Escoita

as follas en movemento,

fálanche

para que camiñes lento.

Danza

ao ritmo das olas batendo,

son meigas

que che murmuran segredos.

Goza

con todas as cores do ceo,

que te atrapan

coma un gran lenzo.

Brinca

sobre as pedras do rego,

lembrando

cando eras un neno.

Alenta

o aire frío do inverno,

que se abre paso

no corpo enfermo.

Refúxiate

baixo o iluminado firmamento,

cada noite que o teu espírito

de  paz estea famento.

Percorre

ese camiño deserto,

desfruta del,

deixa atrás o medo.

Deixar un comentario