Ar

Cando zoas,

cando roxes,

séntese a túa furia,

máis só de vez en cando

amosas a túa invisible forza. 

Forza

que está en ti,

aínda que non se poida ver.

Forza

que está en ti,

e que só se pode sentir.

Es invisíbel

e omnipresente.

Es vida

e es destrución.

Es calma

e es tempestade.

Non es nada,

e es todo.

Deixar un comentario