Néboa

Era un día de inverno,

a néboa baixaba pola montaña

e con ela traia unha friaxe

que penetraba ata os ósos.

Todo estaba envolto

por aquela densa capa gris,

que tornaba o día escuro

e extremadamente xélido.

Ninguén diría,

que uns metros máis arriba

o sol quentaba

e iluminaba a montaña.

Na cúspide,

non había rastro da nebra,

a claridade imperaba.

Desde a cima,

a montaña semellaba envolta

por unha nube de algodón.

Quen se imaxinaría,

que desde o cume

o día era completamente diferente.

A clareza

non deixaba espazo  

para a escuridade.

Por iso recorda;

cando a néboa te envolva,

tan só procura elevarte.

Deixar un comentario