Foi a nosa covardía
a que nos levou
a esta situación.
A agocharnos
entre a multitude.
A agocharnos
para non vernos.
Xogar
a escondernos.
Un xogo absurdo.
Non hai agochos eternos,
non hai omisións sen fin,
salvo
que decidamos deixar de vivir.
E despois,
están eses días …
eses,
nos que nos agochamos do mundo
para vivir.
