Mares de distancia

Con un feixe de beixos

eu voute esperar,

sentada no banco verde

que mira de cara o mar.

Cun sorriso na cara,

agardo a verte chegar,

as noites de tempestade

atrás han de quedar.

Co cabelo solto ao vento

para que o vexas voar,

esta é a túa bandeira

ante ela podes xurar.

No brillo dos meus ollos

haste de mirar,

e daquela verás

canto te vou estrañar.

E cando a man se alza,

mentres te ve marchar,

o corazón xa desexa

tan só verte regresar.

Deixar un comentario