Muda

Cando non falas,

cando non contestas,

semellas muda.

Raíña da casa,

vistes todo de drama,

cando non es muda.

Das a volta sen mediar,

non te veñas queixar,

sigue sendo muda.

Deixas todo pasar,

non te dignas a falar,

fas que es muda.

Muda,

cambia a muda

e muda.

Deixar un comentario