Detívenme
a escoitar o vento,
esta noite
semella inquieto.
Zoa,
faime voar o pelo
e borboríñame ao oído
tódolos seus segredos.
Corta na paisaxe
coma un coitelo,
pero hoxe non fai dano,
só está inquieto.
Corre intranquilo,
sopra con medo,
ás gotas de choiva
que se espallan no terreo.
Torna desafiante,
non pode estar quieto,
está asustado
despois dun día borrallento.
Ninguén lle da consolo
para o seu padecemento,
por iso roxe,
dóelle o peito.
