Que non esmoreza o amor
aínda que lonxe esteas,
que non esmoreza o amor
aínda que non te poida ver.
Ó solpor encargareille
que te bique no amencer,
e ao vento que te abrace,
xa que eu non o podo facer.
Cando a lúa no ceo brille
ollarémola de pé,
os corazóns que latexan xuntos
non os separa ninguén.
