Beixos

Os peores beixos

son os que non se dan.

Beixa sen medo

non o deixes pasar.

Non te arrepintas

cando non os poidas dar,

porque a vida

nun suspiro se vai.

Os peores beixos

son os que non se dan.

Beixa co corazón

na palma da man.

A que temes

se ó teu lado sempre está,

salta esa barreira

que te está a danar.

Os peores beixos

son os que non se dan.

Beixa con tenrura

a quen é fogar.

Mañá é tarde

para mostrar

o sentir de hoxe

a quen xa non está.

Deixar un comentario