O reloxo

O son das agullas do reloxo, ¿é unha conta cara adiante ou é unha conta atrás?. Sempre me preguntei se estaba escoitando ao tempo pasar ou, se pola contra, o escoitaba chegar.

¿Canto dura un segundo?. En fin de ano semellan máis longos … Quizais debería ser reloxeira, para aprender a marcar a duración dos segundos nos meus reloxos.

A veces penso que escoitar as agullas dos reloxos é coma escoitar latexar o corazón. Recórdanme que teño vida.

Recordo a última vez que puxen a miña cabeza sobre o teu peito. Sentíndote vivir, sentíame viva.

Recordo a última vez que sentín latexar o meu corazón na xema do dedo. Pareceume máxico.

Tamén recordo o son do meu corazón latexando antes de durmir. Canto silencio para escoitalo.

Se fose reloxeira cada pulsación sería un segundo. Os minutos non serían iguais. As miñas pulsacións marcarían o meu ritmo diario. Os reloxos da vida estarían sincronizados.

Deixar un comentario