O esencial

Foi baleirando a casa

do que non precisaba,

con moreas de obxectos

apestaba infestada.

Buscaba o esencial,

era o que máis estrañaba

pero custáballe atopalo

entre tanta trapallada.

Roubáballe a calma,

e mesmo se angustiaba

cando pensaba en aquilo

que sen necesitar precisaba.

Seguiu baleirando o lar

para encher a alma,

era un quefacer laborioso

pero non tiña pausa.

Só foi cuestión de tempo

e de moita firmeza,

porque atopar o esencial

é unha ardua tarefa.

Un día atopouse

coa alma descuberta,

non tiña adornos

sobráballe pureza.

Deixar un comentario