Vía cacharros por todos lados,
e mesmo sentía con eles,
era algo inexplicable
e á vez asombroso.
Se poñía a lavadora
identificábase con ela,
e dáballe voltas a todo.
Se vía un microondas,
quentábaselle a cabeza.
Cando poñía ao lume a fritideira,
acababa frito consigo mesmo.
Á hora de poñer o lavalouzas,
cavilaba en como lavar as ideas.
Se collía a regadora,
parecíalle que estaba coma ela,
e cada vez que acudía á neveira,
as ideas máis frías
asomaban na súa mente.
Cada cacharro era un sentir,
cada sentir era unha cacharrada.
