A cheminea

Recordáchesme un soño

que eu tiña esquecido,

agora non sei se debo

compartilo contigo.

As túas palabras

trouxeron á miña mente

unha visión do pasado

que lembrei de repente.

Ao carón da cheminea

sentaremos un día

e alí viviremos

o que eu tiña esquecido.

A calor do lar

ao teu carón

faime rememorar

vellas ilusións.

A cheminea

vainos acompañar,

será a testemuña

do que está por chegar.

Será o centro

do noso fogar,

unha compañeira

que nos vai agarimar.

Deixar un comentario