Mentres barallaba as cartas
que estaban por sacar,
escoitaba os silencios,
tan só rotos polo mar.
Nin con ases,
nin con trunfos,
gañou aquela man.
Mais unha man
non é unha partida,
é unha parte do total.
Cada man é un adestramento,
para o que queda por xogar.
Barallaba con presenza
mentres sentía o mar,
a ledicia dese intre
non lle permitía ficar,
deixaba a unha beira
a man que tiña por xogar.
