Amigo

Es o silencio ledo

que me enche a alma

nos días sen tregua.

Confidente fiel

ao saír a lúa

do seu letargo.

Amigo,

sempre amigo,

que me ofrece a man

cando veñen frontes.

Es a calma

e a loucura,

doce coma o mel,

salgado coma o mar.

Amigo,

sempre amigo,

que me bica as costas

as noites de insomnio.

Es o son

das cantigas que me aloumiñan,

e son co son

dese cantar.

Deixar un comentario