Máscaras

Non son quen pensas,

realmente,

nin son quen penso,

daquela, que podes saber ti de min?

se nin eu o sei.

Non son hoxe quen serei mañá,

nin son hoxe quen fun onte,

cómo podes entón dicir quen son?.

Son mutable.

Non son quen ti ves,

nin son quen eu vexo,

acaso, vémonos coa mesma mirada,

no mesmo instante

e nas mesmas circunstancias?.

Son o que son,

cando o son,

e rara vez chego a ser.

Nada sabes ti de min,

e eu …

eu que sei!

Deixar un comentario