Se bailo co corazón,
meu corazón,
é pra sentir.
Se me cantas de corazón,
meu corazón,
é pra vivir.
Seguir o ritmo desa canción
co corazón
é pra sorrir.
E cando o son
do corazón
nos trae aquí,
a verbena da paixón
xa non ten fin.
Cando o baile é de corazón
vexo a través de ti,
ti a través de min,
o corazón sorrí.
