Puntadas

Dou puntadas de beixos

no teu corpo espido,

pra coser tódolos momentos

que non pasei contigo.

Cada día ao espertar

bordo flores no teu sorriso,

inda que dubido

que poida ser máis bonito.

Das miñas mans ás túas

tezo lazos cun fío,

non pra atarnos,

só pra sentir agarimo.

Calceto longas bufandas

para as noites de frío,

pra que nos abracen

e estar xuntos ao abrigo.

Cando miro os ollais,

do teu rostro fino,

cosemos retallos

dunha vida unidos.

Deixar un comentario