Chamas

No pasar dos días mortos

afogan os corpos

que mal viven.

Senten a carraxe

da intermitente agonía

que os fai finar.

Morren varias veces na vida,

coa esperanza dunha resurrección

mal entendida.

Ancoran a vida

a un mal sentir,

que perdura por sempre

acompañándoos no seu inferno.

As chamas quéimanos

unha e outra vez,

para recordarlles que viven

entre dúas vidas soterradas.

Deixar un comentario