Novembro

Ningún mes

loce coma ti,

tras o manto de néboas

unha explosión de cor.

Follas que finan

no despezamento da Terra,

morre a vida,

creándoa.

Fentos secando

foxen do verdor,

lenzos de liques

decoran museos invisibles.

Espiñentos ourizos,

saborosas castañas,

cabaciñas laranxas,

doce sabor.

Campos santos

vestidos de gala,

adeus traxe gris

da eterna rutina.

Bailar

as cancións co vento,

e se neva …

Martiño contento.

Aniversario ditoso,

na compaña

das persoas

coas que máis gozo.

Deixar un comentario