Se cos teus ollos
acaricias os meus
percorres recunchos
inexplorados.
Espir cos ollos,
iso si é atreverse,
percorrer o iris
facer diana na pupila.
Perderse no mar,
nos prados,
no outono,
na noite.
Perderse
percorrendo o refuxio
no que residen as emocións,
o sentir.
Iso, si é atreverse,
penetrar a intimidade,
tocala,
explorala.
Fusión,
de amantes esquivos
que se retan
cando se denudan.
Vulnerabilidade
agochada entre o pracer
de sentir a erupción
dos volcáns activos.
