Caen palabras
coma gotas
erosionando a pedra,
roen o interior,
quebran a gorxa
inutilizándoa,
máis non só a ela.
Teñen o poder.
Afogan palabras
cheas de vida
por palabras pezoñosas,
mortíferas.
Apáganse voces
con mangueiras cargadas
de podremia.
Sarabia
para ilusións
que acaban de florecer.
Puñais
que atravesan
sen deixar sinal,
visible,
máis si cicatrices
que perduran por anos,
mesmo … unha vida.
