Invisible

Aliméntase do invisible,

devorando a suspiros o aire,

dando sorbos

a unha atmosfera cargada,

que é o seu sustento.

Guíase polo invisible,

retraéndose,

para ver o mapa de ruta

sen interferencias,

escoitando a voz muda

que todo o sabe,

a que se manifesta

na efervescencia do corpo.

Nútrese do invisible,

de lacenas xenerosas

que non reparan en abrir,

saborosos manxares

compartidos nunha mesa

á que poucos sentan.

Recoñece no invisible

a razón da existencia,

o motor da peregrinación.

Deixar un comentario