Reencontro

Desde a ventá do seu cuarto

vin o arco da bela,

nese intre souben

que viñas buscala,

colléndoa da man

como sempre fixeches.

Quedei tranquila.

Ela sempre te elixiu,

acompañándote.

Ti eras fogar,

dábaslle ás

coma a unha andoriña,

e vaise contigo

cando as andoriñas chegan.

Deixar un comentario