Tornado

Fuches o vórtice do tornado

que me arrancou as raíces .

Eleváchesme a un mundo

que non imaxinei.

Alí quedei.

Envolta polas ilusións cumpridas

que sempre foron negadas,

trascendendo

a barreira dos desexos.

Non sei como poñer os pés no chan,

como volver á terra,

cando vivo nas nubes.

Deixar un comentario