Ar

Es invisíbel
e omnipresente.

Sente

Percorre ese camiño deserto,
desfruta del, deixa atrás o medo.

Nemiña

Meniña, quérote avisar, que cando vaias a Nemiña vaste namorar.

Ela e o mar

Ela gozaba sentándose á beira do mar, que a enmeigaba co seu cantaruxar.

Perderíame contigo

Perderíame contigo no silencio da montaña, o único murmurio serían as nosas pisadas.

Xenio

Un xenio,
sempre está a desafiar.