Contemplar os reflexos,
albiscar o leito.
Contemplar os reflexos,
albiscar o leito.
Afogan palabras …
por palabras pezoñosas.
Reside a luz
no silencio.
Sentir a friaxe das folerpas,
renderse ante a intensa nevarada.
Percorrer o iris
facer diana na pupila.
Cada día abre o borrador
da súa obra.