Beixos

Os peores beixos son os que non se dan.
Beixa co corazón na palma da man.

Animaladas

Chamábanlle cadela,
porque seica tiña mal xenio,
e a realidade
é que tiña moito enxeño.

Xuntos

Ó solpor encargareille que te bique no amencer, e ao vento que te abrace, xa que eu non o podo facer.

Anestesiad@

Dáme igual o resultado,
estou ben … anestesiad@.

Vento

Detívenme a escoitar ao vento,
esta noite semella inquieto.