Se fose reloxeira cada pulsación sería un segundo.
Presente
Vivo en cada instante o momento vivido, que atrás ha de quedar quedando esquecido.
Mai
Es a mai que me resgarda, que me calma e me prové, es a fonte da vida
que me axuda a renacer.
Beixos
Os peores beixos son os que non se dan.
Beixa co corazón na palma da man.
Animaladas
Chamábanlle cadela,
porque seica tiña mal xenio,
e a realidade
é que tiña moito enxeño.
Xuntos
Ó solpor encargareille que te bique no amencer, e ao vento que te abrace, xa que eu non o podo facer.
