Erguida

A cuestión era poñerse de pé,

levantarse.

Está acabada, dixeron uns.

Vamos facer leña da árbore caída, dixeron outros.

Pero aí está,

erguida.

Pode que non sexa a mesma,

quizais se sinta danada.

Incluso pode que xa non espere con tanta ansia a primavera,

pois só lle recorda o seu sufrimento.

Pero aí está,

erguida.

Deixar un comentario