O meu intre

Agardo verte,

agardo oírte,

máis non neste intre.

Adoro á lúa,

escoito ó vento,

guíanme as estrelas

e o silencio.

As nubes esbozan

arte no ceo,

gozo do museo

en campo aberto.

Roxe o río,

retornou á vida,

a seca este ano

case lla quita.

Abrazo ás árbores,

brotando están,

despois do inverno

volven espertar.

Sinto a choiva

sobre a miña pel,

estas caricias

non mas da ninguén.

Só quero verme,

só quero oírme,

porque este

é o meu intre.

Deixar un comentario