Ela sempre pensou en grande, non se parecía ás demais mozas ás que coñecín.
Tiña unha visión moi concreta do que quería, e de cómo conseguilo.
Tanta seguridade en si mesma resultaba insultante para o seu entorno, no que se palpaban as inseguridades.
Envexaban a súa seguridade, reflectindo aquilo do que carecían.
Pero ela tamén tiña medos, aínda que nunca o adiviñarías se non tiñas a coraxe de acercarte a ela o suficiente, e de pararte a escoitala o tempo abondo para ver asomar eses pequenos demos, que cada un de nós levamos no fondo do noso ser.
Así era ela, insultantemente, bela. Cun corazón tan puro, que moi poucos eran capaces de achegarse a tocalo. Non eran capaces de soportalo. E aí … residía a súa maxia.
