Paxariño

Paxariño,

guíate o vento

ti déixaste levar

segues o teu camiño contento.

Voas alto

e observas todo,

pero nunca deixas

de tocar o solo.

Abres as alas,

voas cara a lúa,

sempre que ilumina

a noite escura.

Cando te pousas

sobre a cornixa,

amósaste tranquilo

e cantas con ledicia.

Todo é un xogo,

gozas del,

os obstáculos

pásalos ben.

Deixar un comentario