Recordos (im)borrables

Recordo o teu zapato mollado no medio da noite.

Recordo o xogo das agochadas en familia.

Recordo os contos ao lado da lareira.

Recordo os reis nos que me mercaches aquela preciosa boneca.

Recordo cando me ensinaches a táboa de multiplicar.

Recordo cando facías de perruqueiro da veciñanza.

Recordo cando nos desacordos acudían a ti, coma se a túa palabra fose a xusta. Que o era.

Recordo a túa firmeza en tódolos campos da vida.

Recordo o teu atrevemento con algún vehículo.

Recordo que sempre me gañabas ás cartas.

Recordo o teu respecto por tod@s e o que tod@s che tiñan a ti.

Recordo a primeira vez que te vin bicala nos beizos.

Recordo cando ela me contou como vos coñecestes.

Recordo cando vos dabades a man por debaixo da mesa.

Recordo as vosas sestas á par detrás da cociña de leña.

Recordo os teus preciosos ollos verdes.

Recordos imborrables.

Recordo cando xa non me recordabas.

Deixar un comentario