Debilidade

O intento por debilitar

tan só  amosa a debilidade

de quen o intenta.

Vivir ancorado na amargura,

cultivando limóns

nun xardín sen flores.

Provocar inquedanza

en corazóns tenros

con palabras podres.

Canta miseria

pode amosar un ser?

Canto sufrimento

está disposto a esparexer?

1 Comment

Deixa unha resposta a maria vazquez fernandez Cancelar a resposta