Paxariño

Voas alto e observas todo,
pero nunca deixas de tocar o solo.

Bela

Así era ela, insultantemente, bela.

Ruído

Ruído enxordecedor, que é invisible
e achica o corazón.

O camiño

Cando o camiño sexa complexo,
non esquezas de coller o bastón.

Na beira do río

A paz que se sinte na beira do río,
é a fortaleza que busco acotío.